Saltar ao contido

Pablo Valcarce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Valcarce
Información persoal
Nome Pablo Valcarce Vidal
Nacemento 3 de febreiro de 1993
Lugar de nacemento Ponferrada
Altura 1,72 m.
Posición Extremo dereito
Carreira xuvenil
Ponferradina
2011–2012 Numancia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011 Ponferradina B 1 (1)
2012–2015 Numancia B 97 (24)
2015–2018 Numancia 102 (19)
2018–2021 Mallorca 10 (1)
2019–2021 Ponferradina 71 (10)
2021–2023 Burgos 75 (10)
2023–2024 Deportivo da Coruña 17 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de xuño de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Pablo Valcarce Vidal, nado en Ponferrada o 3 de febreiro de 1993, é un futbolista español que xoga como extremo dereito e dianteiro. É irmán xemelgo do tamén futbolista Luis Valcarce, lateral esquerdo do Avilés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista no principal club do seu Bierzo, natal, a Ponferradina.[1] En 2011 debutou co filial na Terceira División, antes de ingresar xunto ao seu irmán xemelgo Luis no equipo xuvenil do Numancia. Na tempada 2012/13 subiu ao Numancia B e na segunda parte da campaña fíxose coa titularidade. O 30 de xaneiro de 2015, tanto el como o seu irmán Luis renovaron o seu contrato co club soriano ata 2017.[1] Debutou co primeiro equipo en Segunda División o 15 de marzo do mesmo ano, nunha derrota por 4-0 diante do Valladolid onde substituíu nos minutos finais a Javier del Pino.[2]

O 23 de agosto marcou o seu primeiro gol na categoría de prata, conseguindo o quinto tanto do seu equipo na goleada por 6-3 sobre o Tenerife.[3] Seis días despois, marcou dous goles máis na vitoria por 3-2 ante o Girona FC.[4]

En xaneiro de 2016 asinou o seu primeiro contrato profesional, ascendendo definitivamente ao primeiro equipo e recibindo o dorsal número 20.[5] Acabou a campaña con 7 goles, cifra que mellorou na seguinte campaña, con 8 dianas. A 2017/18 foi a súa última tempada no Numancia e pechouna disputando a promoción de ascenso á Primeira División, onde o equipo caeu eliminado na final ante o Valladolid. Xogou un total de 104 paritdos co primeiro equipo do club soriano, nos que marcou 19 goles.

En xullo de 2018, tras rematar o seu contrato co Numancia, asinou por catro anos co Mallorca, tamén de Segunda.[6] Con todo, xogou só dez partidos durante a tempada (12 contando a Copa do Rei), e contribuíu cun gol ao ascenso do equipo de Vicente Moreno á Primeira División.[7][8]

Non chegou a debutar na máxima categoría, pois para a tempada 2019/20 regresou á Ponferradina, nunha cesión por un ano que finalmente foi ampliada a dous.[9] Durante ese tempo disputou un total de 73 partidos co club berciano, anotando 10 goles.

En agosto de 2021, despois de rescindir o seu contrato co Mallorca, incorporouse ao Burgos, equipo que viña de ascender á Segunda División.[10] Xogou 77 encontros co equipo burgalés durante dúas tempadas, marcando na primeira delas 10 goles, a cifra máis alta da súa carreira.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

No verán de 2023 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, da Primeira Federación.[11] Debutou na segunda xornada ante o Lugo e dúas semanas despois marcou o único gol do Deportivo no empate ante o Unionistas.[12] Aínda que dispuxo de oportunidades no treito inicial da campaña, disputando como titular cinco partidos, o seu escaso rendemento fixo que acabase por desaparecer das aliñacións de Imanol Idiakez e que non xogase ningún minuto dende decembro ata maio, cando o equipo xa conseguira o obxectivo do ascenso a Segunda.[12][13]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
  1. 1,0 1,1 "Pablo y Luis Valcarce, los gemelos de Ponferrada" (en castelán). 4 de marzo de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  2. "Monólogo del Valladolid ante un rival diezmado desde el inicio". Marca (en castelán). 15 de marzo de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  3. "Set del Numancia al Tenerife con lluvia de goles tras el descanso". Marca (en castelán). 23 de agosto de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  4. "Victoria sobre la hora y liderato". Marca (en castelán). 29 de agosto de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  5. "El Numancia hace profesional a Pablo Valcarce" (en castelán). 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  6. El RCD Mallorca ficha a Pablo Valcarce hasta 2022 (RCD Mallorca sign Pablo Valcarce until 2022); RCD Mallorca, 2 July 2018 (in Spanish)
  7. Aguiló, Josep María (24 de xuño de 2019). "El Real Mallorca vuelve a estar entre los grandes" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  8. Estébanez, Álex (18 de xullo de 2019). "La Deportiva pesca en Mallorca" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  9. Otero, Roberto (19 de xullo de 2019). "La Ponferradina remata el 3x1 de este viernes con la llegada de Pablo Valcarce". Marca (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  10. Navarro, Jorge (1 de agosto de 2021). "Pablo Valcarce se convierte en el séptimo refuerzo del Burgos". Marca (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  11. "Pablo Valcarce, novo xogador do Dépor 2023-24". 22 de agosto de 2023. Consultado o 14 de setembro de 2023. 
  12. 12,0 12,1 Losada, Víctor (29 de xuño de 2024). "El Deportivo y Pablo Valcarce separan sus caminos" (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  13. Gómez, Xurxo (22 de novembro de 2023). "La intrascendencia de Pablo Valcarce" (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]